O novo espectáculo de Les Luthiers chega a Galicia

Les Luthiers actuarán na Coruña no Teatro Coliseum os días 15/16/17 e 18 de marzo e no Auditorio do Palacio de Congresos Mar de Vigo os días 20/21/22/23 e 24 de marzo ás 21.00h.

Lutherapia chega precedida dun éxito absoluto de crítica e de público nas súas primeiras actuacións en Latinoamérica. Baseada nunha divertida sesión de psicanálise, está composta por dez obras novas entre as que se inclúen títulos como: El cruzado, el arcángel y la harpía (Opereta medieval), Las bodas del Rey Pólipo (marcha prenupcial), El flautista y las ratas (orratorio), Aria Agraria (tarareo conceptual) e El día del final (exorcismo sinfónico-coral). Como é habitual, presentaranse novos instrumentos informais como a Exorcítara, o Bolarmonio e o Thonet.