Encontro con músic@s e artistas locais

O vindeiro sábado, 28 de abril, de 13 a 14 horas na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo a cantante angolana Aline Frazão compartirá saber e experiencia con músicos e músicas, artistas locais e xente interesada en participar do encontro.

Trátase dunha inciativa promovida por Sonda Norte que ven a contribuir ao cumprimento dos obxectivos da plataforma e a dar valor engadido á programación de concertos que se están a desenvolver no marco do ciclo Músicas Posíbeis que organiza o Concello de Ribadeo.

Os interesados en participar neste encontro con Aline Frazão deben anotarse en sondanorte@ribadeo.org ou chamando ao teléfono 981 129 889.