II curso de iniciación ao jazz, improvisación e música moderna

A Delegación de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo, a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo (EMMeD), a Asociación Cultural Musiqueando, a Asociación Amadores da Música e ACISA Ribadeo organizan o segundo curso de improvisación, jazz e música moderna que se celebrará na vila ribadense os vindeiros días 5, 6, 7 e 8 de xullo.

O profesor de vento-metal da EMMeD de Ribadeo, Rubén Solloso, foi a persoa que propuxo a celebración deste curso no que participarán o pianista Sergio Delgado, o batería Miguel Cabana, o saxofonista José García e máis o baixista Quique Alvarado. Os catro contan con ampla experiencia no mundo do jazz e máis da improvisación como integrantes de big-bands ou de formacións de música moderna.

A actividade terá lugar nas instalacións da EMMeD de Ribadeo, na Casa do Mar (Rúa Clemente Martínez Pasarón de Ribadeo) e ten un custe de 80€ para as alumnas e alumnos da EMMeD de Ribadeo e de 90€ para o resto. A inscrición pode formularse até o 29 de xuño na propia EMMeD de Ribadeo ou por correo ordinario. Toda a información está dispoñíbel no teléfono 677.73.40.84 ou ben no enderezo electrónico rubn_solloso@yahoo.es

Máis info: folleto curso jazz 2012

II curso de iniciación ao jazz, improvisación e música moderna
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *