Comeza o curso 2012-2013

Estimados pais, nais, alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo:

Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2012/2013. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindíbel a vosa colaboración.

Para maior comodidade, adiantamos os horarios que se seguirán os días de asignación de clases:

–       Mércores 26 setembro: Música e movemento, saxofón, percusión, violín, gaita, frauta, canto, guitarra, acordeón.

–       Xoves 27 setembro: Vento metal, óboe, piano, danza/ballet.

–       Venres 28 setembro: Clarinete.

En todas as materias, o horario para marcar as clases será o seguinte:

Alumnado 1º curso – 17.30-18.00 h.

Alumnado 2º curso – 18.00-18.30 h.

Alumnado 3º curso – 18.30-19.00 h.

Alumnado 4º curso – 19.00-19.30 h.

Alumnado 5º curso – 19.30-20.00 h.

Alumnado 6º, G. P. e adultos – 20.00-20.30 h.

Así mesmo, o alumnado que aínda non escollera horario de linguaxe musical, música e movemento ou teña calquera tipo de dúbida, poderá falar co profesor/a correspondente durante eses días.

As clases comezarán o día 1 de outubro.

Comeza o curso 2012-2013
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *