A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra Santa Cecilia

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o  xoves 22 de novembro, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.

Polo escenario pasarán arredor dun cento de alumnas e alumnos da Escola que interpretarán ritmos que van dende Beethoven ou Bach até Lennon, Crain ou a música tradicional galega. Agrupacións de vento-metal, de piano, danza, percusión, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 15 de decembro, sábado, a partir das seis da tarde, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo e no que participarán as case 300 alumnas  e alumnos que ten o centro.

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra Santa Cecilia
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *