A Banda Municipal de Ribadeo celebra o seu 20 aniversario

A Banda Municipal de Ribadeo ofrecerá un concerto este sábado, 24 de novembro, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, baixo a batuta de David Ballester, para conmemorar os 20 anos desde o primeiro concerto ofrecido pola formación o 25 de xaneiro de 1992. O programa estará formado basicamente por obras interpretadas naquel concerto de presentación.

Tamén se fará a presentación do documental “20 anos da banda. Miña. Túa. Nosa”, producido pola Asociación Amadores da Música, dirixido por Suso López e realizado por “Servicios Audiovisuales El Farero”. Un traballo no se que se fai un percorrido polo que foron estes 20 anos de banda en Ribadeo.