Obradoiros de Nadal

Este ano como novidade, o profesorado da EMMeD de Ribadeo, impartirá diferentes obradoiros gratuítos entre os días 26 e 29 decembro, tal e como se explican a continuación:

Xornadas de danza e piano: 26, 27 e 28 de decembro

10.00 a 11.30 horas: Danza clásica (alumnas de ballet 2 e 3)

11.30 a 12.30 horas: Danza contemporánea (alumnado de 8 a 10 anos)

12.30 a 13.30 horas: Danza contemporánea (alumnado a partires de 10 anos)

*As clases terán lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval

Obradoiro de informática musical. Edición de partituras: 26, 27 e 28 de decembro

10.00 a 13.00 horas.

Obradoiro de Música tradicional: 28 e 29 de decembro

Percusión tradicional – 28 e 29 de decembro de 16.00 a 20.00 horas

Gaita – 29 de decembro de 16.00 a 20.00 horas

*Alumnado de 8 anos en diante

A música programática: conto musical (sección de corda fretada): 27 e 28 de decembro, 3 e 4 de xaneiro.

11.00 a 13.00 horas

*Alumnado de 10 anos en diante con coñecementos en instrumentos de corda fretada.

Obradoiro de guitarra: 26, 27 e 28 de decembro

11.00 a 14.00 horas.

*Alumnado de 10 anos en diante con coñecementos en guitarra.

Obradoiro de construción de instrumentos rudimentarios: 26 de decembro de 17.00 a 20.00 horas.

*Alumnado de 4 a 8 anos.

Máis información e inscricións na Escola, no teléfono 982 130 856 e http://emmedribadeo.wordpress.com

Obradoiros de Nadal
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *