A charanga da EMMeD de Ribadeo participa no desfile do Entroido de Ribadeo

Entroido_2012A charanga da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo participará, por quinto ano consecutivo, no desfile de Entroido que se celebrará en Ribadeo o vindeiro martes, 12 de febreiro.

En total serán arredor de 80 persoas, dos 4 aos 70 anos, as que integren a charanga da que forman parte tanto o alumnado da propia Escola coma tamén pais, nais e os profesores e profesoras do centro.

A temática escollida para o disfrace deste ano é de súperheroes con total liberdade para a escolla dos personaxes (dende Superman a Catwoman pasando por Songoku, Spiderman, Duffman, Batman…)

O prato forte da charanga da EMMeD de Ribadeo será un ano máis a combinación de música e danza. O repertorio é unha mistura de temas que forman parte de bandas sonoras de películas xunto con música típica de charanga e algúns dos clásicos que soaron na charanga en anos anteriores.

A dirección e o claustro da EMMeD de Ribadeo sinalan que a participación no desfile do Entroido é “un xeito máis de achegar a Escola á vida social e cultural da vila e favorece a participación dos pais e nais nas actividades do centro”.

A charanga da EMMeD de Ribadeo participa no desfile do Entroido de Ribadeo
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *