Actos Día Internacional das Mulleres

cocerto Irimia CantareirasA Concellaría de Igualdade organiza diversas actividades para conmemorar o 8 de marzo, “ Día Internacional das Mulleres”.

Convidámoste a asisitir aos diferentes actos  que terán lugar o propio 8 de marzo:

Inauguración das rúas adicadas a mulleres significativas e a datas simbólicas:

§  19.00h- Inauguración da rúa Manuela Barreiro Pico, a primeira farmaceútica de Ribadeo. A rúa é a que se encontra no Camiño dos galos, da EOI á Autovía.

§  19.20h- Inauguración da rúa Sor Pilar de León, sita na vía traseira do Colexio Sagrado Corazón de Xesús.

§  19.40h- Inauguración da rúa Meniñas de Saudade, o primeiro grupo de gaiteras en Galiza e en todo o Estado español. A rúa vai ser a Travesía Vilaselán á Terragrande.

§  20.00h- Inauguración da Praza 8 de marzo, efeméride que conmemora o Día internacional das Mulleres. Esta praza será a que está detrás do Cine-Teatro.

Na inauguración de todas os espazos adicados ás mulleres contarase cunha actuación da Escola de Música e Danza de Ribadeo e haberá un acto formal para o descubrimento da praca coa presenza do alcade e membros da Corporación Municipal.

A continuación, ás 20.30h  terá lugar unha actuación no Teatro a cargo da formación “Irimia Cantareiras

Actos Día Internacional das Mulleres
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *