A EMMeD de Ribadeo comeza as audicións

audicions1

A Escola Municipal de Música e Danza  (EMMeD) de Ribadeo organiza ao longo da vindeira semana cinco actuacións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 15 e 19 de abril, ás 20.30 horas na propia Escola, agás a do venres 19 de abril, de música e movemento, que terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval. A entrada ás mesmas é libre e de balde.

  • Luns 15 de abril – violín
  • Martes 16 de abril – clarinete
  • Mércores 17 de abril – saxofón
  • Xoves 18 de abril – vento metal
  • Venres 19 de abril – música e movemento
A EMMeD de Ribadeo comeza as audicións
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *