Homenaxe a Hernán Naval en Viveiro

teatroO martes 14 de maio, a partir das oito do serán, o Colectivo Pensamento e Sementeira celebra en colaboración co Concello de Viveiro e o Conservatorio Profesional de Música un acto de colocación dunha placa na fachada do Teatro Pastor Díaz no que se vincularán os nomes do músico Hernán Naval, e Roberto Vidal Bolaño, ao que este ano se lle dedica o Día das Letras. Será o grupo de metais do Conservatorio o que ofreza un concerto recordando a campaña “nacional de propaganda e de estímulo da povoación para lograr que o Teatro Pastor Díaz fose patrimonio público” impulsada por Hernán Naval. Dende o colectivo recordan que se cumpriu este desexo do que fora presidente da agrupación cultural Sementeira, xa que mentres o edificio do Teatro estivo en obras, Sementeira programou representacións teatrais en varios locais, privados e públicos da vila coma o café-bar Chipe ou os claustros de San Francisco que acolleron representacións en pequeno formato.

Homenaxe a Hernán Naval en Viveiro
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *