Concerto didáctico da EMMeD

delibesUn ano máis, a Escola Municipal de Múisca e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza un concerto didáctico ao que asistirá o alumnado de primaria de diversos colexios da contorna.

En total serán preto de 600 rapaces e rapazas os que terán a oportunidade de achegarse e coñecer todas as especialidades instrumentais e de danza que se imparten no centro.

A actividade terá lugar o vindeiro xoves 13 de xuño no Auditorio Municipal Hernán Naval.

Concerto didáctico da EMMeD
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *