Xornadas de portas abertas na EMMeD

Puertas-AbiertasA Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza os días 26 e 27 de xuño unhas “xornadas de portas abertas”. En horario de 16.00 a 20.00 horas o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena clase práctica.

Ambos os dous días, ás 16.00 horas, haberá unha breve charla explicativa sobre o funcionamento e organización do centro, prazos e custe da matrícula…

Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:

–          Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2009 e 2006.

–          Práctica instrumental: nados a partires do 2005, incluíndo adultos.

–          Danza/ballet: nados desde 2009 en diante, incluíndo adultos.

VÉN e PROBA!!! Aproveita esta oportunidade para facelo de balde nestas xornadas.

Inscricións no propio centro, entre as 16.00 e 20.00 horas, ata o venres 21 de xuño.

Xornadas de portas abertas na EMMeD
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *