Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo

Leopoldo_Erice_3.161153117_stdA Asociación EoClásica organiza un ano máis o Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo que se celebrará entre o 12 e o 16 de agosto no Auditorio Municipal Hernán Naval. Este ano os artistas que participarán son: Cecilia String Quartet (Caitlin Boyle, viola. Rachel Desoer, violonchelo. Min-Jeong Koh, violín. Sarah Nematallah, violín), Jorge Blasco (piano) e Leopoldo Erice (piano).

Como novidade nesta edición, organízase de xeito paralelo ao Festival, un Taller que consistirá nunha serie de clases maxistrais impartidas polos artistas do Festival. Este rematará cunha actuación dos alumnos e alumnas no Auditorio Municipal Hernán Naval.

Máis info do Taller aquí

Cecilia_Quartet_1.17184718_stdJorge_Blasco.173113223_std

Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *