Comeza o curso 2013/2014

calendario-escolar-2013-2014.jpg1_Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2013/2014. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindíbel a vosa colaboración.

Para maior comodidade, adiantamos os días e horario que se seguirán para a asignación de clases:

–       Martes 24 de setembro: gaita, piano, danza/ballet, óboe.

–       Mércores 25 de setembro: canto, clarinete, percusión, violín, música e movemento.

–       Xoves 26 de setembro: acordeón, guitarra, vento metal.

O alumnado de frauta e saxofón terá que agardar ata que o avisemos para concertar os horarios de clase, xa que en vindeiros días se contratará ao profesorado destas especialidades.

En todas as materias, o horario para marcar as clases será o seguinte:

Alumnado 1º curso – 17.30-18.00 h.

Alumnado 2º curso – 18.00-18.30 h.

Alumnado 3º curso – 18.30-19.00 h.

Alumnado 4º curso – 19.00-19.30 h.

Alumnado 5º curso – 19.30-20.00 h.

Alumnado 6º  e adultos – 20.00-20.30 h.

Así mesmo, o alumnado que aínda non escollera horario de linguaxe musical, música e movemento ou teña calquera tipo de dúbida, poderá falar co profesor/a correspondente durante eses días.

Aquelas persoas que aínda non realizaran o ingreso da matrícula no Banesto, deberán facelo antes do comezo das clases. Os impresos poden recollelos en dirección.

As clases comezarán o día 30 de setembro.

Comeza o curso 2013/2014
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *