Freedonia en Músicas Posíbeis

image001Freedonia é soul. Unha banda con dez músicos que desborda forza e sentimento no escenario.

Freedonia caracterízase polo seu potente directo, o que o levou a contar co apoio incondicional do público desde o comezo. Un público que abarrota os seus concertos, e que fai que se esgoten as entradas case sempre que tocan: Joy Eslava, Razzmatazz, Caracol, Círculo Bellas Artes, El Sol, Black is Back Festival, Cultura Inquieta, Imaginafunk… son algúns dos sitios por onde deixaron o  seu selo.

Tras un dilatado percorrido por salas, en setembro de 2012 publican o seu primero álbum: “FREEDONIA”, financiado a través dunha exitosa campaña de “crowdfunding”.

Este traballo recibe o apoio unánime de crítica e público: dous premios Pop-eye (Mellor Canción Nacional por “Heaven Bells” e Mellor Banda de Música Negra), un Premio Guille 2013 (Mellor Grupo na categoría Músicas Negras) ou a súa presenza en numerosas listas dos mellores discos do ano: El País, Bandalismo, ou El Perfil de la Tostada, entre outras.

SÁBADO 16 DE NOVEMBRO ÁS 21.00 H. NO CINE-TEATRO

Entrada: 12 €

Anticipada: 10 € na axencia de viaxes Alandrina Tours ou en http://www.makasir.com

Freedonia en Músicas Posíbeis
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *