Concerto de Santa Cecilia

santaceciliaA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o  xoves 21 de novembro, ás 20.00 horas no Cine-Teatro, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.

Será o primeiro concerto neste ano tan especial para o centro, xa que se cumpren 20 anos da súa creación. Ao longo do curso terán lugar diversas actividades e concertos para a súa conmemoración.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 21 de decembro, sábado, a partir das seis da tarde, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo e no que participarán as case 300 alumnas  e alumnos que ten o centro.

Concerto de Santa Cecilia
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *