O grupo de danza da EMMeD actuará en Lugo

www.edu.xunta.esO grupo de danza da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo foi convidado polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo a participar no “Encontro de Centros de Danza” que terá lugar o vindeiro sábado 26 de abril na capital lucense.

Durante a xornada matutina recibirán clases de distintos profesionais tanto do ámbito clásico como do moderno; e mesmo a profesora de danza e ballet da EMMeD, María Justo, impartirá clases de danza moderna ao alumnado doutros centros.

Xa pola tarde, ás 19.30 horas no Auditorio Gustavo Freire, o grupo de danza da EMMeD subirá ás táboas xunto cos demais centros convidados, no que será o peche desta xornada de confraternidade.

O grupo de danza da EMMeD actuará en Lugo
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *