Concertos didácticos

DSC_0187O pasado xoves 12 de xuño, a Escola Municipal de Múisca e Danza (EMMeD) de Ribadeo organizou concertos didácticos ao que asistiu o alumnado de primaria do CEIP Gregorio Sanz, CPR Sagrado Corazón e CEIP Celso Currás, de Trabada.

En total foron preto de 600 rapaces e rapazas os que tiveron a oportunidade de achegarse e coñecer todas as especialidades instrumentais e de danza que se imparten no centro, e mesmo chegar a dirixir algunha das agrupacións participantes.

A actividade tivo lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval.

Concertos didácticos
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *