Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo

3714H1A Asociación EoClásica organiza un ano máis o Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo que se celebrará entre o 14 e o 23 de agosto no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 21.30 horas. Este ano os artistas que participarán son:

Penderecki Sting Quartet (Jerzy Kaplanek e Jeremy Bell, violíns – Christine Vlajk, viola – Katie Schlaikjer, violonchelo); Leslie Fagan, soprano; James Campbell, clarinete; Leopoldo Erice, piano; Toni Deaño, narrador.

Un ano máis, organízase de xeito paralelo ao Festival, un Taller que consistirá nunha serie de clases maxistrais impartidas polos artistas do Festival. Este rematará cunha actuación dos alumnos e alumnas no Auditorio Municipal Hernán Naval o día 22 de agosto.

Máis info do Taller aquí

Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *