Comeza o curso 2014/2015

Estimados pais, nais, alumnos e alumnas:

Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2014/2015. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindíbel a vosa colaboración.

Para maior comodidade, adiantamos os días e horario que se seguirán para a asignación de clases:

Mércores 24 de setembro: violín, percusión, saxofón, acordeón, piano.

Xoves 25 de setembro: vento metal, canto, guitarra.

Venres 26 de setembro: clarinete, óboe.

O alumnado de Música e Movemento poderá pasar falar coa profesora ou concretar horario o mércores 24 de setembro a partir das 17.30 horas.
O alumnado de Frauta deberá agardar a que sexan avisados telefonicamente para poñer os horarios, xa que na primeira convocatoria para a selección de profesorado a praza quedou deserta, sendo necesario volver a convocala.

En todas as materias, o horario para marcar as clases será o seguinte:
Alumnado 1º curso – 17.30-18.00 h.
Alumnado 2º curso – 18.00-18.30 h.
Alumnado 3º curso – 18.30-19.00 h.
Alumnado 4º curso – 19.00-19.30 h.
Alumnado 5º curso – 19.30-20.00 h.
Alumnado 6º e adultos – 20.00-20.30 h.

Así mesmo, o alumnado que aínda non escollera horario de linguaxe ou teña calquera tipo de dúbida, poderá falar co profesor/a correspondente durante eses días.

Aquelas persoas que aínda non realizaran o ingreso da matrícula no Banco Santander, deberán facelo antes do comezo das clases. Os impresos poden recollelos en dirección.

As clases comezarán o día 29 de setembro.

Comeza o curso 2014/2015
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *