Músicas Posíbeis. Samuel Diz

Novo concerto do ciclo “Músicas Posíbeis” organizado pola Concellaría de Cultura, este xoves 23 de outubro ás 20.30 horas no Cine Teatro.

Entrada de balde.

59050_22995CAMIÑOS DA GUITARRA CLÁSICA GALEGA é un concerto dirixido e interpretado polo recoñecido músico e investigador Samuel Diz (Tui, 1986) no que fai un percorrido polo pasado, presente e futuro do instrumento na nosa cultura. Unha viaxe pola nosa historia desde una óptica contemporánea, un cuanto á guitarra galega que inexplicablemente no se formulara ata o de agora.

CAMIÑOS DA GUITARRA CLÁSICA GALEGA trata así dunha recopilación de pezas fundamentais que nos levarán desde melodías medievais ata o século XXI coa nova xeneración de compositores como o compostelán Fernando Buide, activo intérprete e creador. Partituras recollidas no disco do artista adicado á Guitarra Clásica Galega (Ouvirmos, 2012) que acaba de presentarse con gran éxito en todo o Estado e en países como Francia, Zimbabwe ou Estados Unidos. Despois desta xira ao outro lado das nosas fronteiras, e tras recoller o Premio da crítica tralo seu debut no Palau da Música Catalana, Samuel Diz voltaa a Galicia nunha xira polas principais localidades dunha terra que serviu de inspiración para este traballo e que está sendo o brote dunha inquedanza cara a recuperación do patrimonio musical que continuará en próximos proxectos.

Músicas Posíbeis. Samuel Diz
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *