Músicas Posíbeis. Makely Ka

Nova proposta dentro das “Músicas Posíbeis”. 

Sábado 25 de outubro ás 20.30 horas no Cine Teatro.

Entrada xeral 5€. Reducida para estudantes, desempregados ou xubilados, 3€.

07

Makely Ka (Piauí Valencia, 1975) é un poeta, cantante, músico, produtor cultural e compositor brasileiro. Traballando en diferentes áreas como a música, a poesía e o vídeo, incorpora á súa produción artística un compoñente crítico e reflexivo. De formación autodidacta, desenvolveu a súa propia poesía musical, mesturando elementos da trova e dos cantos tradicionais brasileiros de herdanza ibérica coas novas linguaxes sonoras urbanas como o rap.

Músicas Posíbeis. Makely Ka
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *