Músicas Posíbeis. Celina da Piedade

A axenda cultural do Concello de Ribadeo presenta a Celina da Piedade, que ofrecerá un concerto no Cine Teatro, ás 20.00 horas o domingo 26 de outubro.

Entrada xeral 5€. Reducida para estudantes, desempregados ou xubilados, 3€.

?????????????????????????????????????????????????????
Considerada como un referente do acordeón, a solista tocará temas do seu último disco “O cante das ervas”. Un traballo temático que está dedicado ás herbas aromáticas e baseado no “Cancioneiro do Baixo Alentejo” e do “Algarve”. A artista, recoñecida internacionalmente, traballou con Rodrigo Leâo, Mayra Andrade, Ludovico Einaudi ou Kepa Junquera.