Concerto de Santa Cecilia da EMMeD

escolaceciliaA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o luns 24 de novembro, ás 20.00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.

Polo escenario pasarán arredor dun cento de alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde S. Joplin ou G. Duncan até Yiruma ou Nestico. Agrupacións de vento metal, percusión, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro sábado 20 de decembro, no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán aproximadamente 300 alumnas e alumnos .

Concerto de Santa Cecilia da EMMeD
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *