Músicas Posíbeis. “Oh Trío”

06_ oh trioOh Trío presenta en Ribadeo o seu novo traballo discográfico baseado en melodías tradicionais do “Cancionero Gallego” de E. Martínez Torner e J. Bal y Gay.

Despois dun traballo de selección entre os centenares de melodías que ofrece “Cancionero Gallego”, o trío propón unha recreación de melodías galegas dende o prisma do jazz e da improvisación.

Germán Díaz, zanfona, caixa de música programable e serra musical.

Antonio Bravo, guitarra acústica.

Diego Martín, bendhir e batería.

Será o venres 30 de xaneiro a partir das 21.00 horas no Teatro de Ribadeo.

O prezo da entrada é de 3 euros e poderanse adquirir na billeteira o propio día.

Músicas Posíbeis. “Oh Trío”
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *