I Campus de Banda Sinfónica

Cartel A31A Federación Galega de Bandas de Música Populares organiza o I Campus de Banda Sinfónica  que terá lugar os días 4, 5, 6, 11 e 12 de abril na Escola Municipal de Música de Lugo.

Este Campus, patrocinado pola Vicepresidencia Primeira (Área de Cultura) da Deputación Provincial de Lugo, contará con:

  • Directores: Xosé Carlos Seráns e David Fiuza
  • Profesorado: Olalla Pantín (frauta), Silvia Camino (óboe), J. Ramón Saborido e Adrián Balboa (clarinete), Álex Valcárcel Moura (fagot), Marcos Mariño (saxofón), Adrián Lage (trompeta), Benjamín Iglesias (trompa), Mateo Gómez Naval (trombón), Rodrigo Rodríguez (tuba-bombardino), Paula Rancaño (violonchelo), Anxo Leitao (contrabaixo) e Javier A. Gómez (percusión)

O alumnado recibirá clases colectivas co mestre da especialidade correspondente e asistirán a ensaios de banda sinfónica. Podes obter toda a información no apartado Formación da web ou premendo aquí.