Audicións

audicions-page-001A Escola Municipal de Música e Danza  (EMMeD) de Ribadeo organiza ao longo desta semana catro actuacións nas que participarán diferentes especialidades que se imparten no centro. Estas actividades terán lugar entre os días 23 e 27 de marzo, ás 20.00 horas na propia Escola, agás a do luns 23, de música e movemento, que será no Auditorio Municipal Hernán Naval.

A entrada ás mesmas é libre e de balde.

  • Luns 23 – música e movemento
  • Martes 24 – gaita
  • Mércores 25 – violín, acordeón e frauta
  • Venres 27 – percusión
Audicións
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *