Audicións

cartelEsta semana nova serie de audicións do alumnado da Escola Municipal de Música e Dana (EMMeD) de Ribadeo. Con esta quenda completaranse as actuacións das materias que aínda non o fixeran neste curso.

  • Luns 20 de abril – vento metal.
  • Martes 21 de abril – saxofón e oboe.
  • Mércores 22 de abril – guitarra.
  • Xoves 23 de abril – clarinete e canto.
  • Venres 24 de abril – piano.
  • Xoves 30 de abril – ballet/danza. (Auditorio)

Todas as audicións serán ás 20.00 horas na Escola, agás a de ballet/danza que será no Auditorio Hernán Naval.

Audicións
Compárteo!