“Encontro de Centros de Danza”

11110235_601907453279242_1130075967839435020_nO vindeiro sábado 25 de abril, o grupo de danza da EMMeD de Ribadeo desprazarase a Lugo para participar no “Encontro de Centros de Danza”, no que conmemorarán de xeito colectivo o Día Internacional da Danza diversos centros de ensinanza de danza clásica e contemporánea de dentro e fóra de Galicia.

Ao longo do día as alumnas recibirán clases maxistrais de profesorado doutros centros nas instalacións do CDAN de Lugo e xa ás 19.30 horas farán a súa actuación no Auditorio Gustavo Freire.

“Encontro de Centros de Danza”
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *