Festival en favor da loita contra o cancro

1613797_10204403591155445_2803767216103220518_nA Asociación Española Contra o Cancro organiza o festival benéfico que ven celebrando anualmente en Ribadeo o vindeiro venres 5 de xuño no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20.00 horas.

Este ano será un festival integramente de danza e ballet protagonizado polo alumnado da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo que presentarán o espectáculo “Alicia no país das marabillas”.

A entrada terá un prezo de 4€ que será doado á entidade organizadora.

Festival en favor da loita contra o cancro
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *