Concertos didácticos

Hoxe, mércores 10 de xuño, o alumnado e profesorado da Escola Municipal de Múisca e Danza (EMMeD) de Ribadeo realizou tres concertos didácticos ao longo da mañá no que asistiron o alumnado de primaria do CEIP Gregorio Sanz, CPR Sagrado Corazón, CEIP Celso Currás (Trabada), CP Príncipe de Asturias (Tapia de Casariego) e CEIP de San Cosme (Barreiros).

En total foron a redor de 750 rapaces e rapazas os que tiveron a oportunidade de achegarse e coñecer todas as especialidades instrumentais e de danza que se imparten no centro.

A actividade tivo lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval.

Concertos didácticos
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *