Xornadas de portas abertas

portas-abertasA Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza os días 22 e 23 de xuño,  “xornadas de portas abertas”. En horario de 16.00 a 20.00 horas o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena clase práctica.

Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:

Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2011 e 2008.

Práctica instrumental: desde os 8 anos (ano 2007) en diante, incluíndo adultos.

Danza/ballet: desde os 4 anos (ano 2011) en diante, incluíndo adultos.

VÉN e PROBA!!! Aproveita esta oportunidade para facelo de balde nestas xornadas.

Inscricións no propio centro, entre as 16.00 e 20.00 horas, ata o venres 19 de xuño.

Xornadas de portas abertas
Compárteo!