Nova edición dos “Encontros orquestrais”

escola(2)O Cine-Teatro de Ribadeo acolle este venres 26 de xuño, ás 19.00 horas, un concerto de alumnas e alumnos de diferentes centros de ensino musical da provincia baixo o nome de “Encontro Orquestral”.

Na actividade participará alumnado das escolas de música de Burela, Mondoñedo, Xove, Ribadeo e máis do Centro de Música de Fingoi (Lugo).

Baixo a dirección de Xan Carballal, arredor de 60 alumnos e alumnas interpretarán obras de Nelson, Bartók e Mozart. Este será o primeiro concerto destes encontros, ofrecendo o sábado 27 de xuño, no Centro Cívico de Xove o mesmo programa.

Nova edición dos “Encontros orquestrais”
Compárteo!