XXI Festival de Bandas de Música

Cartel-festival-de-bandas-Ribadeo-2015A Asociación Amadores da Música organiza o Festival de Bandas que anualmente veñen celebrando e que nesta ocasión contarán coa presenza das agrupacións Sementeira (Cambre), Vila de Cedeira e a municipal ribadense.

Será o vindeiro domingo 28 de xuño, desde as 19.30 horas no Parque de San Francisco. Un chisco antes desa hora, as tres formacións farán un pequeno pasarrúas desde o Cine-Teatro ata o parque.

No caso de que a climatoloxía non acompañe, o festival trasladarase ao Auditorio Municipal Hernán Naval.

XXI Festival de Bandas de Música
Compárteo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *