Matrícula curso 2015/2016

matriculaA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso escolar. Será entre o 1 e o 15 de xullo, ambos e dous inclusive, de luns a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas no propio centro.

Para formalizala só hai que cubrir o impreso que facilitaremos cos datos persoais.

As prazas son limitadas, escpecialmente en materias cunha alta ocupación. O número de prazas ofertadas nestas materias serán:

  • Piano: 1 praza
  • Percusión: 3 prazas
  • Guitarra: 4 prazas

No resto de materias hai maior número de prazas libres.

A aceptación das matrículas farase por rigurosa orde de entrada no rexistro do centro.

Matrícula curso 2015/2016
Compárteo!