Comeza o curso 2015/2016

curso

Estimados pais, nais, alumnos e alumnas:

Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2015/2016. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindíbel a vosa colaboración.

Para maior comodidade, adiantamos os días e horario que se seguirán para a asignación de clases:

 

  • Luns 28 de setembro: piano, percusión, violín, frauta, vento metal, canto.

  • Martes 29 de setembro: guitarra, clarinete, acordeón, gaita.

  • Mércores 30 de setembro: saxofón, oboe.

 

O alumnado de Música e Movemento ou Danza/Ballet que teña calquera tipo de dúbida, poderá resolvela en Dirección en horario de 16.00 a 20.00 horas.

En todas as materias, o horario para marcar as clases será o seguinte:

  • Alumnado 1º curso – 17.30-18.00 h.
  • Alumnado 2º curso – 18.00-18.30 h.
  • Alumnado 3º curso – 18.30-19.00 h.
  • Alumnado 4º curso – 19.00-19.30 h.
  • Alumnado 5º curso – 19.30-20.00 h.
  • Alumnado 6º curso – 20.00-20.30 h.
  • Adultos – 20.00-20.30 h.

Así mesmo, o alumnado que aínda non escollera horario de linguaxe ou teña calquera tipo de dúbida, poderá falar co profesor/a correspondente durante eses días.

As clases comezarán o día 1 de outubro.

Se queredes seguir toda a información relacionada co centro poderedes facelo a través da nova web http://escolademusicaedanza.ribadeo.org ou do facebook https://www.facebook.com/EMMeDRibadeo

Comeza o curso 2015/2016
Compárteo!