Dora de Marinis nas Músicas Posíbeis

cartel dora de marinisEste sábado 24 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval a pianista arxentina Dora de Marinis ofrecerá un concerto dentro da súa xira europea “Autumn Tour 2015“. Preséntase con obras de Ludwig van Beethoven, Fryderick Chopin, Julián Aguirre e Alberto Ginastera.

Así mesmo durante a mañá, a prestixiosa pianista ofrecerá unha clase maxistral para o alumnado de piano da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.

O prezo das entradas é de 3€, agás para o alumnado da EMMeD que terá entrada de balde previa retirada dos convites na dirección do centro.

Dora de Marinis nas Músicas Posíbeis
Compárteo!
Tagged on: