I Curso de Música Tradicional Galega

A Asociación Cultural Ronqueta xunto co Cuarteto Tradicional Illa Pancha organizan, coa colaboración do Concello de Ribadeo, o “I Curso de Música Tradicional Galega”. Será impartido por tres grandes mestres como son Pepe Vaamonde (gaita), Miguel Anxo López “Chino” (percusión) e Xavier Feijóo “Chisco” (canto e pandeireta) os días 23 e 24 de xaneiro de 2016 nas instalacións da EMMeD.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto.

Prezos: alumnado da EMMeD 40€; resto de alumnado 45€.

Máis info en acronqueta@gmail.com e no teléfono 982 130 856.cartel curso musica tradicional