Pres de Cambrai nas Músicas Posíbeis

Banner_PdC_3Este conxunto, de amplo espectro sonoro, enfróntase a un variado repertorio de épocas e estilos sen pretensións historicistas nin revisións puristas. Os compoñentes recrearán a través da música e da palabra o relato dos miesterios que, durante séculos, se agocharon nun pergamiño, que serviu para gardar as tapas dun antigo libro, até que foi achado polo libreiro Vindel a comezos do sécilo XX.

A actividade combinará a música das cantigas, interpretada ao vivo, coa narración do misterio que envolve ao manuscrito contido no pergamiño Vindel.

O grupo toma o seu nome da cantiga do trovador Xohan Airas, A per quen perço o dormir, “… vestida dun pres de Cambrai, Deus, que ben lles esta manto e saia!”, chiscadela á tradición literaria e musical do medievo, na que conflúen e atopan inspiración os integrantes desta singular formación.

Os intérpretes son:

  • Charo Pita, narradora
  • Belén Bermejo, voz, organetto
  • Víctor Blanco, arpa e guitarra renacentista
  • Andres Díaz, arpa e frautas
  • Ariel Ninas, zanfona e percusión

Domingo 15 de novembro no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:30 horas.

Entrada: 3 €

Pres de Cambrai nas Músicas Posíbeis
Compárteo!
Tagged on: