A EMMeD celebra Santa Cecilia

escolaA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores 18 de novembro, ás 20.00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músic@s.

Polo escenario pasarán arredor dun cento de alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde S. Joplin ou E. Garner até Bach ou Purcell. Agrupacións de vento, percusión, gaita, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro sábado 19 de decembro, no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán 300 alumnas e alumnos aproximadamente.

A EMMeD celebra Santa Cecilia
Compárteo!
Tagged on: