Campaña de recollida de produtos de Nadal

bandeja-turrones-mazapanesUn ano máis desde a EMMeD, en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, repetiremos a campaña de recollida de produtos típicos de Nadal para repartir entre as familias con escasos recursos da vila e das parroquias. Poderanse entregar entre os días 14 e 18 de decembro na Dirección do centro ou o propio día 19 no Auditorio Municipal.

É importante que cada quen, na medida das súas posibilidades, faga unha pequena achega a esta iniciativa.

Campaña de recollida de produtos de Nadal
Compárteo!
Tagged on: