Visita da EMMeD ao Centro de Día e ao Hospital-Asilo

Dentro das actividades de Nadal, alumnado e profesorado da EMMeD achegáronse hoxe ao Centro de Día e ao Asilo para celebrar coas persoas maiores estas datas tan sinaladas.

Un grupo de guitarras, alumnado de danza, e un grupo de música tradicional galega foron os encargados nesta ocasión de amenizarlles a tarde ás persoas destes dous centros da vila, participando así, unha vez máis, da vida social da nosa vila.

Visita da EMMeD ao Centro de Día e ao Hospital-Asilo
Compárteo!
Tagged on: