Axenda da semana

Co gallo do Día de Rosalía, hoxe, xoves 25 de febreiro ás 20:30 horas na Casa das Letras, “Recital poético” da man de Xavier Rodríguez Baixeras onde se escoitarán poemas de Follas Novas e Cantares Gallegos.

O sábado 27 de febreiro a partir das 20:30 horas, no Cine-Teatro, desfrutaremos dunha breve peza teatral a cargo do Grupo de Teatro da A. C. Vagalumes da Estrada. A obra elixidae leva por título Daquelas que cantan e nela veremos a obra rosaliana en clave actual. A continuación, realizarase a lectura pública do Manifesto para o Día de Rosalía da AELG, que este ano redactou o narrador Suso de Toro. E para rematar, o público asistente desfrutará dun concerto de PUNTADA SEN FÍO, en que a poética rosaliana volverá a ser recorrente. A entrada será de balde e na organización do acto participa tamén a Asociación Cultural Francisco Lanza.

Por outra banda, o domingo 28 de febreiro, o Auditorio Municipal Hernán Naval acollerá o espectáculo de danza XOGA, da compañía Cía.Entremans. “Unha oportunidade para descubrir como és e saber de que estás feit@. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza. Diversión, unión e espectáculo. Unha viaxe desde a imaxinación ao coñecemento”.

O espectáculo comezará ás 17:30 horas con entrada única a 3€.

Axenda da semana
Compárteo!
Tagged on: