Audicións

audicionsA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza ao longo da vindeira semana actuacións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 18 e 22 de abril, ás 20:00 horas na propia Escola agás a do luns 18 de abril, de vento metal, que terá lugar no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é libre e gratuíta.

 

  • Luns 18 de abril – Vento metal (Cine-Teatro)
  • Martes 19 de abril – Gaita (Escola)
  • Mércores 20 de abril – Acordeón e Corda (Escola)
  • Venres 22 de abril – Percusión (Escola)

O sábado 30 de abril, en conmemoración do Día Internacional da Danza, a sección de danza e ballet da EMMeD de Ribadeo ofrecerá unha audición, ás 20:00 horas, que terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval.

Asimesmo, grupos de danza moderna e ballet clásico, e alumnado de percusión participarán os días 28 e 29 de abril en sendas celebracións do Día da Danza en Xove e Lugo, respectivamente, convidados por centros educativos desas localidades.

Audicións
Compárteo!
Tagged on: