Audicións

audicionsA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza ao longo da vindeira semana unha nova quenda de audicións das especialidades instrumentais que restaban por facer dentro do abano de materias que se imparten o centro. Esta actividade terá lugar entre os días 9 e 12 de maio, ás 20:00 horas na propia Escola agás a do mércores 11 de maio, de clarinete e saxofón, que terá lugar no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é libre e gratuíta.

  • Luns 9 de maio – canto/frauta/oboe (Escola)
  • Martes 10 de maio – guitarra (Escola)
  • Mércores 11 de maio – clarinete/saxofón (Cine-Teatro)
  • Xoves 12 de maio – piano (Escola)
Audicións
Compárteo!
Tagged on: