Moitas máis que dúas piano ensamble

image description
image description

Moitas máis que dúas piano ensamble, agrupación pianística surxida no seo da EMMeD, ofrecerá este sábado 11 de xuño ás 20:00 horas no Cine-Teatro, un concerto no que se poderán escoitar obras de diferentes estilos que irán desde bandas sonoras ou versións de temas rock ata música clásica… integrados en diferentes formacións.

A agrupación dirixida polo profesor de piano da EMMeD, Martín Bucki, está formada por 5 rapaces e rapazas que estarán acompañados nalgunhas das obras por alumnado de percusión e de danza.

A entrada será de balde.

Moitas máis que dúas piano ensamble
Compárteo!
Tagged on: