Xornadas de portas abertas

puertas-abiertas-300x236A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza os días 28 e 29 de xuño unhas “xornadas de portas abertas”. En horario de 16:00 a 20:00 horas o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena clase práctica, previa inscrición.

Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:

  • Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2012 e 2009.
  • Práctica instrumental: nados a partires do 2008, incluíndo adultos.
  • Danza/ballet: nados desde 2011 en diante.

VÉN e PROBA!!! Aproveita esta oportunidade para facelo de balde nestas xornadas.

Inscricións no propio centro, entre as 16:00 e 20:00 horas, até o xoves 23 de xuño.

 

Xornadas de portas abertas
Compárteo!
Tagged on: