Festival de Fin de Curso

fin_cursoA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso 2015/16. Faráo de xeito oficial este sábado 18 de xuño, a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, coa celebración do festival de fin de curso que nesta ocasión está adicado a temas que triunfaron ao longo dos veráns, e a bo seguro, non pasarán desapercibidas para o público asistente.

As diferentes agrupacións que pasarán polo escenario do Auditorio Municipal Hernán Naval interpretarán música de grupos como Geordie Dann, Alaska, Safri Dúo...

Será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentaremos sorprender á xente cun festival concebido para que o disfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nos decorados…

Ademais, como novidade este ano, o festival poderase seguir en directo a través do facebook da escola no seguinte enderezo https://www.facebook.com/EMMeDRibadeo

Festival de Fin de Curso
Compárteo!
Tagged on: