Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo

Collaga_artistas_XI_FIMCR_2016_web.16270212_stdA Asociación EoClásica organiza un ano máis o Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo que se celebrará entre os días 6 e 11 de agosto no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 21:30 horas, e no Centro N´Amor ás 12:00 horas.

Este ano os artistas que participarán son:

Cuarteto Quiroga (Cibrán Sierra e Aitor Hevia, violíns – Josep Puchades, viola – Helena Poggio, violonchelo); Leopoldo Erice, piano; Toni Deaño, narrador.

As entradas estarán á venda os días dos concertos, dende unha hora e media antes do comezo das actuacións, na billeteira do Auditorio Municipal Hernán Naval. As entradas para o concerto do día 9 de agosto, tamén se poderán adquirir en N´Amor dende as 10:30 horas.

O prezo das entradas é de 12 €.

Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo
Compárteo!
Tagged on: